Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/01/11

A historia de Erika


Aproveitamos estas Semanas da Paz para a lectura dalgúns destes álbums ilustrados que tod@s coñecedes. Este, particularmente, encantou aos de Diversificación, e deunos pé para falar do nazismo; mesmo creo que quedaron con ganas de seguir co tema. Foi curioso, non sei se estaban máis motivados polas actividades arredor da Paz, pero cando lemos Rosa Blanca o efecto non foi o mesmo.
A historia de Erika é de Ruth Vander Zee con ilustracións do noso admiradísimo Roberto Innocenti, publicado por Kalandraka. Un retrato diferente da Segunda Guerra Mundial contado pola propia protagonista que acompañadas polas poderosas ilustracións fan que se convirta nun libro totalmente imprescindible.

34 comentarios:

Fani dixo...

Esta historia pareceume que tiña moitísimos sentimentos agochados que podes ir descubrindo a medida que les ou que escoitas. Sinxelamente, creo que este pequeno relato concentra tales emocións e sentimentos que non se poderían expresar coas palabras que nós coñecemos.

Biblioteca Sarmiento dixo...

Co voso permiso, sigo abusando e róubovos a entrada para o noso blog. Saúdos dende Curtis

Ronsel dixo...

Sabes que nunca tes que pedir permiso, para nós é un honor que nos leves a ese blogue tan magnífico.
Saúdos

belen dixo...

gustoume este relato por como mostraba os sentimentos e as emocións, unha historia moi bonita.

vanesa dixo...

Esta historia é moi realista e ten moitos sentimentos que mostran unha dura realidade ,apesar de eso pareceume moi bonita.

Noemi dixo...

Esta é unha historia moi triste,real e sentimental.

iván dixo...

este conto é moi triste, o que fai unha nai por salvar a súa filla

carmen dixo...

é un conto moi triste e con moito sentimente pero apesar da desgraza ela estaba viva

martin dixo...

É un libro que nos acerca de cheo á vida triste e ás condicións inhumanas dos campos de concentración nazi

rafa dixo...

estivo ben porque nos mostra o que pasaba na segunda guerra mundial

Cris dixo...

Pareceume super bonito, ata me dá gana de chorar, porque saber que iso pasou na realidade é unha verdadeira mágoa.

brais dixo...

é un libro moi triste pero real que é o malo

Carmen dixo...

este libro pareceume moi interesante e gustoume moito porque conta unha historia moi triste pero nela tamén podemos atopar outros sentimentos.E para min o máis triste e saber que nalgún momento pasado algunhas persoas sufriron esto .

Anónimo dixo...

É un libro moi bo que nos conta o que ocurría naquela época.

Anónimo dixo...

este libro recordoume o do neno co pixama de raias

Aroa dixo...

Gústanme este tipo de libros porque fannos ver que somos privilexiados todos nós,xa que nos familiariza con outras realidades

Alberto dixo...

Este libro está moi ben e ademais moi realista e está cargado de sentimentos.

eduardo dixo...

Este é un dos moitos casos que se deron nas persoas que levaban aos campos de concentración.

Adrián Villar García dixo...

Este libro gustoume xa que e moi realista e o bo del e que ela logra salir viva dos campos de concentración, que para min non deberian de haber existido nunca.

Fátima Bouzada dixo...

Aínda que non o pareza, é un libro real, basado en historias que de verdade aconteceron, e si é demasiado triste pero polo menos desto quédanos algo bo, que é que a sociedade dende aquelas algo si que cambiou.

Unknown dixo...

So facer incapé nun sentimento. No sentimento que mantivo, durante todo o relato, a persoa que nos relatou e interpretou esta historia. Con iso, é suficiente para prasmar un pouco da dor de tantas e tantas vidas perxudicadas por aquelas condicións inhumanas que tiveron que soportar. Eses, sí que foron verdadeiros heroes.

Manuel de la Torre dixo...

É unha historia moi triste, real e moi sentimental.

Lucía Silva dixo...

É unha historia moi triste relatada por unha persoa que sufriu as penurias dun campo de concentración.

Unknown dixo...

Saber que en de verdade as cousas contadas nesta historia foron certas cusanche un furor enorme e unhas ganas de chorar por polas persoas que sufriron neses tempos.

Ana Brandariz dixo...

E pensar que o tratado neste libro pasou na realidade. Por unha parte alegraste polas persoas como Erika que deron escapado dos campos de concentración,pero...polos que non foron capaces danche unhas ganas de chorar.

Rebeca Belay Maril dixo...

é unha historia que ainda que parezca mentira está ambientada na verdad,é moi triste

Ana Castro Varela dixo...

Quizáis todo pareza un auténtico pesadelo, pero e necesario, que nos demos de conta de que esto pasou en realidade nun pasado non tan lonxevo.

Esperanza 1bc dixo...

Preciosa historia a pesar de ser moi triste e realista. Omometo mias emocionante é cando tira ao seu bebé pola ventá, momento moi duro pero emotivo. Sorte que o final tivera unha boa vida que moitos xudíos non tiveron!

Unknown dixo...

Aqui atópanse agochados miles de sentimentos, entre eles tristeza e compaixón pola historia que lle tocou vivir a pobre Erika, por sorte o final de ir sufrindo segundo ivamos lendo ao final atopámonos cun bo remate, atopa quen a acolla, unha boa familia.

Ana Sofia Neto Cunha dixo...

Contanos a historia de Erika, unha muller que viviu en tempos moi duros pero que tivo a sorte de poder salir viva. Unha historia triste e realista.

Esperanza 1ªbc dixo...

O nazismo seguirá durante moito tempo dando de que falar e seguirá facendo que moitos escritores sigan escribindo sobre este tema, pois, un holocausto coma aquel nunca se olvidará. Alegrome de uqe polo menos algúns casos coma o da nosa protagonista saisen cun bo final!

Anónimo dixo...

Contanos a historia dunha rapaza que viviu en ten tempos moi difíciles pero a poder de se esforzar saiu adiante cun final feliz.

María Rey dixo...

Esta historia deixa ver perfectamente a dor de aqueles que non só teñen que abandoar todo o que queren, senon que despois diso, cando procuran unha vida mellor, teña que aguantar os prexuízos de todos aqueles que non se decatan de que somos persoas, non adxetivos.

Anxela Llinares dixo...

O tema principal é o racismo, xa que na historia se conta que botan a Erika e a toda a súa tribu por ser doutra raza, e chegan a queimarlle a casa e todo o que por alí había.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.