Juul, de Gregie de Maeyer e Koen Vanmechelen, publicado por Lóguez, é un deses álbums que deixan ao lector completamente esnaquizado, "feito puré". É durísimo.
O libro trata da crueldade do acoso escolar, coñecido como "bullying". Do sufrimento dos máis débiles. Deses álbums necesarios e útiles para traballar o tema en todos os colexios. Deses libros que nun non pode esquecer, porque ata as propias ilustracións impresionan, por seren tan diferentes, pezas de madeira "impersoal" que van estragándose danando a razón e o corazón mentres avanzamos as páxinas... Porque fala da dor, do dano, da violencia pero, finalmente, tamén do amor.
Publicouse en Bélxina en 1996, e dende aquela converteuse nun álbum controvertido, admirado e rexeitado; nunca impasible.
Aquí podedes atopar un testemuño dunha alumna despois de coñecer o texto na súa clase. Esta ligazón pode interesarvos.

Juul
View more presentations from segundov160.
9 comentarios:
Pareceume moi triste, pero é que ese libro ensínanos como é a vida en realidade, hai moitos nenos e nenas que sofren o acoso dos seus compañeiros e ás veces acaban no suicidio.
Este libro non me gustou moito ,aínda que en moitos casos é a dura realidade.
Este libro non me gustou moito porque é moi triste pero tamén real porque isto ocorre con moita frecuencia.
non me gustou porque é moi triste
pareceume un libro moi triste que representa o crueis que poden ser os rapaces cos seus compañeiros e os traumas que poden chegar a causar nos nenos.Terrible...
non estivo ben porque é moi triste,que todos se metían con el
é un conto moi triste que retresenta a cruel realidade de algúns rapaces que sofren o acoso de outros rapaces e o final é tráxico
moi triste por parte do neno porque non tiña que facer caso aos rapaces
O libro de Juul cóntanos as locuras que son capaces de facer os rapaces por intentar integrarse entre os demais.Na realidade aínda que non o creamos esto tamén pasa e moito e incluso moitos rapaces chegan a suicidarse.
Publicar un comentario