Con texto de Anna Obiols e ilustracións de Subi, Café dulce, café amargo está publicado por Proteus. Xa colgamos aquí este libro, sen coñecelo, polo Día dos Dereitos Humanos. E agora témolo nas mans e admirámolo na súa plenitude. Un álbum imprescindible para a reflexión sobre o necesario ou importante. Porque quen nos axuda a cavilar é un neno da rúa, e cada páxina, cada frase, cada ilustración, lémbranos o privilexio no que vivimos. Un texto cheo de sensiblidade e dor plasmado en tons marróns que non esqueceremos.
Café dulce, café amargo on PhotoPeach
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
08/01/11
Café dulce, café amargo
Atoparalo en Álbum ilustrado, Dereitos Humanos, Igualdade, Infancia, Proteus, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
4 comentarios:
Non me gustou demasiado o enfoque e o texto. Creo que hai que concienciar sobre a inxustiza en que viven moitos nenos (e maiores) no mundo con outros enfoques, non facendo que se sintan culpables polos seus privilexios os rapaces que teñen cubertas as súas necesidades. Podemos cuestionarnos o exceso no que vivimos no primeiro mundo e reflexionar sobre isto, pero non deste xeito.
Parece un texto pobre.
As acuarelas si me gustaron.
Por certo, ten unha falta de ortografía: a menudo se enfadan con sus padres, yo cada día los (h)echo de menos (non leva hache).
Moitísimas grazas pola túa aportación e o teu punto de vista, Luísa.
Este video ten moita razón , xa que nós temos moitas cousas e non lle damos importancia pero este rapaz a unha mínima cousa dáballe moita importancia .
Gustoume o vídeo,é bo para darnos conta do que temos e así poder aprecialo.
Publicar un comentario