A editorial Norma publica este cómic de Jean Pierre Gibrat en dúas entregas: La prórroga conta a vida dun mozo que foxe de ir á guerra e é dado por morte, polo que a súa vida convértese nun testemuño oculto do que vive a súa pequena vila, Cambeyrac, baixo a ocupación nazi ocultándose nunha casa abandonada (á forza, xa que o seu dono era xudeu). Unha vida que aparentemente podería ser corrente pero que día tras día se reconverte a causa da situación que provoca a invasión alemá.
Non é unha historia de heroísmo en tempos de guerra. O protagonista non quere saber nada de políticas nin de batallas, tan só quere vivir a súa vida, amar e ser amado. Terá que loitar sen convicción para manter este amor.
Chama a atención o tipo de cómic que é, como clásico, uns debuxos perfectos, trazos exquisitos. A moza protagonista é fermosísima, semella case estar vendo un filme polo realismo do debuxo.

Sen comentarios
Publicar un comentario