Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/01/11

Sonata para Miriam

Linda Olsson (autora sueca que xa nos gustara co seu Astrid y Veronika) publica en Salamandra Sonata para Miriam, fermoso libro que reflexiona delicadamente sobre a dor ante a perda dun ser amado. Coa investigación "musicada" do pasado do protagonista achegámonos a diferentes perdas de seres queridos, sobre todo a causa de algo tan absurdo como a guerra; neste caso falamos da Segunda Guerra Mundial. E inda que este é un tema moi recurrente, non se fai longo nin pesado esta volta á aniquilación de xudeus que neste libro vólvense da máis alta sociedade polaca, aniquilados igualmente polo odio descerebrado daquela época, agás uns poucos que conseguiron fuxir e que o protagonista tentará atopar para entender un pasado que, coma o futuro, esvara entre os seus dedos.
O que menos me gustou foi o cambio de perspectiva do protagonista nas dúas últimas partes. Creo que era mellor seguir contando co seu único punto de vista en toda a novela.

O libro gustoume moito, pero se amas a música gustarache aínda máis. Porque a música é case a protagonista das súas páxinas, estruturadas como unha peza musical.

8 comentarios:

Xabi dixo...

Sóame...
Terei pois que lelo.

Teño que dicirche que es unha moi mala compañía para min: os exiguos cartos da pensión fasme gastalos en libros que recomendas.

¿Terei que distanciarme un puco das túas influencias tan viciosas?
("O vicio de ler", de De Luca)

Ronsel dixo...

hahahah
onte pola mañá unha amiga que traballa en Halcón colleume 3 libros pop-up... pegueille o vicio! E prohibiume a entrada no seu establecemento no que queda de ano!!!
Si que son mala compañía, si. Non sei como as editoriais non me mandan algún libro de agasallo!
(Digo eu, non?)
Xa verás como che gusta.

Xabi dixo...

Home, sendo unha sonata... (claro que unha sonata tamén é a sesta que nos pegamos no verán despois dun bo xantar). Veremos se é verdade que ten estructura de sonata...

Con respecto ás editoriais, sospeito que xa tes algún tipo de pacto, pois senón o xornal de profe non creo que dea para tanto...

Tamén sospeito que debes ter un "negro" que lea por ti. ¡Mira que eu leo... pero o que ti fas, está a outro nivel!

Claro, se sondes dous a ler (o tal Anxo e máis ti)e así a eficacia multiplícase.

¿Que dicías da retranca?

Ronsel dixo...

guaiiiiiiiiiiiiiii que ben, estamos en plena loita dialéctica!
O bo do Anxiño ten demasiados problemas persoais commo para pórse a ler... chégalle ben estender as ás e axudar aos demais.
En canto ao do negro, se o tivese, aplicaríao para outros mesteres.
E ao das editoriais...: ti non sabes que existen as bibliotecas???

Xabi dixo...

Enigmática, enigmática...

Así me gusta!

Cambiando de tercio: hoxe vou ver no teatro "Un tranvía llamado deseo". ¿Líchela ou víchela? ¿Algunha recomendación "das túas"?

Outra: ¿Cando De Luca no blog? estou á espera (igual ca do cocido).

Ronsel dixo...

mmmmm
Din que o que espera desespera...
Que sorte, teatro! xa me gustaría a min!

Xabi dixo...

Pois agora xa vin a peza de teatro que che dixen.
A obra resiste moi ben o paso dos anos; claro, é un clásico

Ai, pero os intérpretes... Sálvase a protagonista principal. Os homes, sobre todo, moi floxiños por dicir algo suave.

No teatro hai algo fundamental: a voz. A voz ten que ir co personaxe senón, é un desastre.

E hoxe as voces ían por un lado e os personaxes, por outro. ¿Non sei e me explico?

Ronsel dixo...

Perfectamente. Unha mágoa, dende logo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.