Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/01/11

Non á violencia contra as mulleres (CLXXXVI)

A violación como arma é un crime de guerra.

No este da República Democrática de Congo teñen sido centos de miles de mulleres as vítimas deste crime. Un fracaso máis da ONU que non soubo actuar. Isto sucede nunha zona que dende 1996 leva acumulado máis de catro millóns de mortos debido á ausencia de PAZ: unha matanza silenciosa que non lemos nos xornais cotiáns.
Nunha terra rica en ouro e minerais estratéxicos, coma o coltan, os soldados actúan con total impunidade, sexan do bando que sexan. Pero os Mai-Mai explican por que violan: cren que ese acto os protexen na batalla.
Pero a violación da muller na guerra non é algo que só suceda en África. Na guerra de Bosnia-Herzegovina a violación de mulleres musulmás foi unha arma de guerra para as tropas serbobosnias. Daquela foron miles as vítimas, pero non hai unha cifra exacta.



Lembrade o imprescindible documental producido por Javier Bardem para Médicos Sen Fronteiras do que xa falamos aquí.


Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.