A editorial Patasdepeixe volve adozarnos a vida cunha nova entrega: estamos agora ante un libro de fobias ratonís que sempre estarán superadas polo medo humano, O gran libro dos medos do Rato Pequeno de Emily Gravett é unha delicia non só pola historia senón pola fermosura do continente: buratos, páxinas roídas, mapas, anacos de xornais...
Aprenderedes moitas fobias que non coñeciades e buscaredes a vosa propia, porque... todo o mundo temos medo de algo!
Vaivos encantar, seguro; ata teredes espazo para debuxar os vosos propios medos! O libro mereceu ser o gañador da Medalla Kate Greenaway no ano 2008.
Aprenderedes moitas fobias que non coñeciades e buscaredes a vosa propia, porque... todo o mundo temos medo de algo!
Vaivos encantar, seguro; ata teredes espazo para debuxar os vosos propios medos! O libro mereceu ser o gañador da Medalla Kate Greenaway no ano 2008.
14 comentarios:
Eu, na miña biblioteca, teño algún libro rillado dos ratos. Consérvoo coma unha reliquia.
Curiosamente, é un libro de música gregoriana (o Liber Usualis).
Conócese que os meus ratos tamén eran afeccionados ao canto gregoriano, coma o seu dono, pois foron escoller precisamente ese.
Será que os ratos teñen bo oído musical?
Hai un libriño,que agora non recordo que conta a historia dun rat
Sen ler o album que comentas recórdame os bos ratos (nunca mellor dito) que pasei lendo Firmin. Cando estaba eu só na biblioteca do IES (que era a maior parte das horas)imaxinábame ao amigo Firmin facendo das súas...
PS. Tes unha mensaxe vella no correo. ¿Para que o queres se non o les (hahaha)?
Bueno, para descarga do meu rato de biblioteca, direi que facía coma Firmin: so rillaba as marxes do libro. ¡Non toco nin unha soa nota!
Ah. O que máis lle gustaron foron as tapas; aí si que se empregou a fondo...
Un grande esforzo o desta pequena editorial recien nacida. Ademáis cun prezo que axuda a mercalo sen máis
E un libro moi bonito e divertido só que hai que ter o dicionario a man para entender algunhas palabras
Este pequeno libro é moi simpatico e gracioso que nos amosa case todos os tipos de medo que existen
gustoume este libro porque ese rato tíñalle medo a todo
gustoume este libro porque ese rato tíñalle medo a todo
este estivo moi ben,gustoume a hipopotomonstrosesquipedaliofobia
este libro é precioso, encántanme as ilustracións e as follas comidas
Este libro do ratiño pequeno gustoume bastante e pareceume gracioso o da illa do medo.
Non está mal, o libro non é feo.
Este libro está ben, aprendín algunhas fobias que non coñecia; o rato moi bonito
Publicar un comentario