Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/02/11

Ricardo Paz en Forcarei

Onte á tarde tivemos unha charla moi especial: Ricardo Paz, compañeiro de Filosofía do IES nº 1 d'O Carballiño veu falarnos dos nenos soldado. O alumnado que asistiu foi 2º de ESO e mais 3º de Diversificación.
Aprendemos moito con Ricardo. Aprendemos, sobre todo, que temos moita sorte por termos nado aquí, e non en calquera outro lugar. Ricardo falounos das diferenzas sociais, das lecturas dirixidas, do xeito de ver o mundo sen comparar, sen preguntarnos por que. Ensinounos como hai xente que si sabe que as diferenzas non son xustas e que pretende eliminalas. Amosounos música e cine que loita por suprimir barreiras. Sentimos o sufrimento deses nenos que se ven inhabilitados para amar. Soubemos o por que das armas, do tráfico destas, dos intereses creados por un primeiro mundo ficticio que se sostén vendendo destrución.
Grazas, Ricardo, por vires e por acompañarnos nesta tarde tan fermosamente didáctica.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Aprendemos cousas importantes sobre o mundo actual

brais dixo...

foi unha actividade na cal aprendín moito,é unha pena que iso exista na actualidade

carmen dixo...

esta charla foi moi triste aínde que sexa dura, é a realidade e hai que facer algo para os nenos non os obriguen a nada nin que sufran por culpa de xente sen cabeza

martin dixo...

Este é a típica actividade que nos achega de cheo a realidade aída que non nos guste escoitala

iván dixo...

foi moi triste por todo o que nos contou, sobre todo o vídeo do final

rafa dixo...

a min gustoume pero tamén me foi algo pesada pero é a realidade e haina que aceptar

Cris dixo...

Esta charla foi moi interesante, aprendín moitas cousas que antes descoñecía, é unha verdadeira pena que os nenos teñan que pasar por iso sen poder evitalo.

yoli dixo...

Nesta charla aprendín unha realidade por desgraza moi dura, todo sobre os nenos soldado; agora comprendo un pouco o medo que pasan os nenos pola noite a ser raptados e moito máis, só desexo que iso acabe canto antes e que poidan vivir tranquilos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.