Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/02/11

Ver para Ler

Na Óptica Santorum en Lalín vén de se iniciar unha campaña que, baixo o nome "Ver para Ler", agasalla un libro con cada gafa que se merque.
Vale, antes de que haxa comentarios con cachondeo d@s coñecid@s vouno dicir claramente: a óptica é da miña irmá, os escaparates foron cousa miña así como a idea. Pero o que importa é o resultado final, non? Do que se trata é de promocionar a lectura e tentar sobrelevar a crise. Agardo que vos guste o resultado e que vos animedes a vir comprarlle (non, non levo comisión, mal pensados!!!). Pero, todo hai que dicilo, encántame pasar por diante e ver os libros alí expostos... son un gran elemento decorativo (xa comprendín esa xente que merca os libros polas cores dos lombos!)



Gústavos a miña nova faceta de escaparatista?

9 comentarios:

BIBLOS dixo...

Pues mira, me parece una idea estupenda, los escaparates han quedado preciosos y espero sinceramente que la campaña sea un éxito. Cualquier excusa es buena para promocionar la lectura. Saúdos dende Loranca.

Ronsel dixo...

Muchísimas gracias! Me alegro que os gusten os escaparates (¡me dieron bastante trabajo!) y muchas gracias por vuestra visita.
Unha aperta

Cristina dixo...

ABSOLUTAMENTE XENIAL!Eres única!
ENcántame a idea...E os libros todos preciosos... Hai dous que non coñezo: o de Elvis e o da vaca...
Hummmm!!!!!!!

Ronsel dixo...

O da vaca é de Xerais: tes qeu mercalo para o cole. Aos nenos encántalles seguro. En Alemaña arrasa. A ver se traducen os outros dous que faltan...
Grazas, alégrome que che gustara. Pasei aquel sábado á mañá ás carreiras, buscando cousas dun lado para outro. Menos mal que a miña casa está preto!
Bicos

Anónimo dixo...

Excelente idea Santorum. Menos mal que eu vexo perfectamente que senon...

Conchi Rial dixo...

Noraboa pola idea e polos escaparates. Mágoa que me quede un pouco lonxe...!

Conchi Rial

MIK dixo...

Bueno, bueno... ¡Hai que ver (nunca mellor dito) o ben que se che dá o do marketing! Xa me está dando cobiza o de ter unha óptica.
Apertas,
Julia

Frianciño dixo...

Fantástico!
Facer unha visita á óptica víñame ben, aínda que Lalín píllame un pouco lonxe!
Noraboa por esta iniciativa tan fantástica.

Maria dixo...

A ver quen se resiste a levar óculos!!!
Creo que os da libraría de Lalín tamén deberían darche algo de comisión porque, con seguridade, lles van medrar as vendas.

Magnífico, Gracia!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.