Vale, xa sei que é un pouco tarde, á miña idade, pero... este ano descubrín que os reis magos existen! Perdón as Raíñas Magas!. Xa vos falei de dúas, e agora chega a terceira. Que vén con retraso? É que pensades que a fortaleza que supón a muralla de Lugo é tan fácil de vencer por moi maga que sexas?
Érase una vez una vieja que tragó una mosca gris é da editorial Catapulta, e é do deseñador gráfico Jeremy Holmes, que lle dá á rima do texto un xiro inesperado que ao final nos deixa pampos. O máis chamativo, dende logo, é a edición en si, o obxecto que temos entre as mans: un formato alongado con funda coma a bata da casa da vella protagonista; as páxinas son tan só o que é a barriga da vella, a parte central do libro, e na última páxina temos unha sorpresa que non vola vou contar. Ademais, as ilustracións semellan antigas, todas elas en tons grises e marróns.
Que vos vou dicir? Que teño que mercar unha caixa forte para gardar esta xoia?
Érase Una Vez Una Vieja Que Tragó Una Mosca gris. Y una araña. Y un pájaro. Y un gato. Y un perro. Y una serpiente. Y una vaca. Y un caballo. ¿Sabes qué le pasó?

11 comentarios:
Ai como me gusta... Nin coñezo o libro nin coñezo a editorial... A ver como fago para botarlle unha ollada...Qué boa pinta!
Cando veñas a Lalín ensínocho! Xa sabía eu que che ía caer a baba...
Bicos
De onde sacarías semellante cousa? Non a vin e ningunha librería!
A min o que máis me gustou deste libro foron as ilustracións e a forma que ten
Este é un libro bastante bonito aínda que algo enredante
foi moi divertido, comía de todo, para min estivo moi ben
moi divertido porque a señora comíao todo
a min este conto non me gustou moito porque ere demasiado repetitivo para o meu gusto
Este libro non estivo nada mal.
O libro é cuco pero algo estresante tanto comer uns animais a outros...
Este libro é simpatiquísimo, encantoume, é super bonito.
Publicar un comentario