Caían chuzos. Lóstregos, raios, tronos, saraiba... A mañá estaba totalmente desapacible, o instituto quedou sen Internet, ás veces sen luz, outras sen teléfono. Pero chegou el e a aula iluminouse co seu sorriso. Contra todo prognóstico temporal, Xabier Docampo veu a Forcarei. Porque debía cumprir a palabra dada. Porque sabía que o alumnado o agardaba con ilusión. E el non decepciona.
Desde que comezou a falar, conquistounos. Palabras xenerosas para comigo e para os dous alumnos de Diversificación que o presentaron. Logo, os risos. A súa vida non prolífica, os seus degoiros máis humanos... a necesidade da lectura. E dende aquí estableceu un diálogo co alumnado que deixou de preocuparse por ese temporal que semellaba nos ía prexudicar. Pero estabamos a salvo baixo a palabra de Xabier. Con el viaxamos ao mundo dos contos e con el aprendemos o valor da literatura.
Non, non falou do seu libro. Para que? Xa o leramos. Fixo algo moito mellor: transformou os 50 minutos da súa visita nun salaio que apenas sentimos.
Deixemos que sigan petando na porta pola noite. Nós nos temos medo. Saboreamos un recordo indeleble que coido este alumnado sabe apreciar.

A nova no Faro de Vigo, onte.
18 comentarios:
Foi o mellor e máis divertido agasallo deste curso!
Este home pareceume a repanocha, era moi simpático e falabanos da realidade sen renunciar o humor
Este home pareceume a repanocha, era moi simpático e falabanos da realidade sen renunciar o humor
Xabier docampo estivo moi ben,é moi divertido .
Xabier estivo moi ben, é moi simpático, todos rimos a escachar e os profes os que máis, unha persoa ben agradable...espero que volva outro día.
estivo xenial, el era moi divertido con todas as historias que nos contou, moi bo
Xabier era moi entretido e gustoume a charla,foi moi entretida
este autor foi o que máis me gustou de todos, aínda que a primeira impresión non parace que sexa tan agradable como é
este autor facía moita grazaa
Aiaiai, canto nos rimos con Xabier, é moi divertido e con bo sentido do humor
Foi un dos escritores máis divertidos que vin e gustoume moito.Pode volver cando queira.
Pareceume moi amena a charla, espero que veñan máis autores...!!!
Foi moi interesante e divertido.
Dedica os libros con debuxos personalizados.
É moi divertido,o mellor escritor que veu este ano.
Este autor foi o mellor de todos. Todo o que falaba interesounos bastante,é o mellor de todos.
Posúe un gran sentido do humor e fixo a visita moi amena.
Foi o máis gracioso
Foi o máis maior que veu e o máis "toliño" de todos
Publicar un comentario