Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/03/11

Chico & Rita


Pouco podo dicir deste cómic que non teñades lido por aí, porque o que ten sona é o filme -que non vin: este tipo de cine non chega ás vilas como a miña-, pero como teño entre mans o libro, publicado por SinSentido, si quero afirmar o moito que me gustou: Unha novela gráfica de Javier Mariscal e Fernando Trueba que é unha preciosidade tanto de edición como de contido. Mágoa de banda sonora!
O curioso resulta que este libro é o resultado do filme, e non ao revés, como vén sendo o habitual. O argumento sabédelo sobradamente, con saltos no tempo e cun mesmo amor que aparece e reaparece: destacan os sedutores debuxos, de liñas claras e moi reais. Se ledes o cómic, quedaredes con ganas de ver a peli, seguro. Algo que tamén resulta curioso, posto que isto tampouco adoita suceder.



3 comentarios:

Anónimo dixo...

Este é dos que hai que mercar para que queden na casa...á vista.

Sam dixo...

Na miña vila tampouco chegou o filme, pero si puiden ver o libro nos escaparates das librerías, e por suposto comprei un. Van máis rápidos os librei@s.

Ronsel dixo...

Menos mal que temos os libros! Se por cine fose, pouco veriamos: aquí só veñen pelis comerciais, de terror...
Grazas aos dous pola visita

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.