Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/03/11

Feren as palabras

Recollo dende o BlogFesquío este documento visual contra o Bullying:

4 comentarios:

Xabi dixo...

É verdade. E nos nosos centros é tamén a forma de violencia entre iguais máis frecuente. O primeiro paso para outro tipo de agresións.
Un auténtico cancro que mina as relacións humanas nas aulas.
E, moitas veces, o profesorado minimiza estas situacións. ¡Ollo!

Ronsel dixo...

Certo é. Ás veces non damos importancia a este tipo de agresións e deixámolas pasar: craso erro!

Xabi dixo...

Para a miña aula tiña eu deseñado un cartaz imitando aqueles primeiros das campañas antitabaco que dicían: LUGAR LIBRE DE FUMES. Pois no noso poñía: ESPAZO LIBRE DE INSULTOS.
A miña obsesión era converter a aula de música nun oasis de paz.

Ronsel dixo...

E conseguíchelo? PArabéns, seguro que si, era unha pregunta retórica...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.