Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/03/11

El pájaro negro


El Pájaro Negro é de Suzy Lee. Con isto xa digo bastante, non si? Sempre nos abraia esta autora-ilustradora en cada un dos seus libros. Neste fálanos de soidades, de tristuras, de amizades estrañas, de voos (de soños, finalmente) que podemos facer para fuxir da nosa propia realidade. Ou para lembrarnos que esta non sempre a provocamos nós: un soño que nos axude a nos reencontrar, a contemplar os problemas dende outra perspectiva. Un voo inesquecible da man dunhas ilustracións que nos lembran outros libros de Suzy Lee: trazos en branco e negro cheos de intensidade expresiva.
Edita Barbara Fiore.

8 comentarios:

Cristina dixo...

Encantoume o libro... Tanto as ilustracions como o texto... E sabía que a ti tamén ibache gustar...

Cris dixo...

Este libro é precioso, encantoume.

carmen dixo...

Este libro gustoume porque a maioría dos nenos téñenllo que dicir os pais que non é culpa deles

rafa dixo...

este libro nin me gustou nin me deixou de gustar porque non o entendín moi ben

ivan dixo...

este libro gustoume, non todo é culpa dos nenos

martin dixo...

libro do cal podemos entender un pouco mellor cal é o pensamento dos nenos, cando teñen que pasar por unha situacion un tanto traumática como pode ser a separación dos pais

Noemí dixo...

Este libro estivo ben, porque a nena non ten a culpa do que fagan os seus pais.

yoli dixo...

Este libro é bonito, os rapaces non teñen a culpa de que os pais se separen pero aínda así séntense culpables

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.