Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/03/11

Otar


Seica os verdadeiros perfumes deben ir en frascos pequenos. Pois o mesmo ocorre con este pequeno libro: é unha xoia en si mesma. Cando o vin, así de pequerrecho, chamoume a atención; estaba pendente das novidades de Barbara Fiore, pero non agardaba isto: non me fixara nas medidas que a web da editorial nos ofrecía. E, claro, ábrelo e quedas pampa: as ilustracións provocan un chimpo.
Estamos a falar de Otar de Kaatje Vermeire. Ides alucinar con el, seguro. Un libro que nos fala dun estraño paxaro que voa, ou non, que quere ser o mellor, ou non...


8 comentarios:

biblioteca dixo...

Anxo e Gracia, aínda que con atraso: Moitas felicidades pola nominación. Moito ánimo!!!

Saúdos. Marga

Ronsel dixo...

Moitísimas grazas, prezada amiga.

vanasa dixo...

Este libro gustoume e entretívome moito.

Cris dixo...

Este libro non me gustou, paréceme soso.

carmen dixo...

Este conto non me gustou

carmen dixo...

Este conto non me gustou

yoli dixo...

Este libro non me gustou moito pero dá a entender que alguén non se pode convertir en algo que non es.

Noemí dixo...

Este libro non me gustou moito.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.