Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/03/11

La cripta de invierno

Gustoume moito este libro de Anne Michaels, La cripta de invierno, publicada por Alfaguara. Unha novela que transmite sensibilidade por todos os lados, que semella mesmo que pode estragarse algo mentres avanzamos na súa lectura. Unha lectura que esixe na súa rotundidade concentración e pausa. Porque estas cómpren para cavilar en todo aquilo que impregna e evoca cada palabra e cada situación que estamos a ler: o desarraigo, a necesidade de amor, a penuria, a soidade, o lamento, a dor, a contemplación, a guerra, o éxodo... todo isto é máis resulta imprescindible na novela, sen artificios que poidan desconcentrarnos: todo está exposto e a nosa mente vagará insensata sobre a extrema sensibilidade dos protagonistas, poñendo nós o final que desexamos. Iso si, tendo presente, tal como queda claro na novela, que o paso da felicidade e do amor á traxedia é a dor é mínimo. Tan pequeno que ás veces nin nos percatamos de que se produciu o cambio ata que os sentimentos nos dominan.

Curiosamente, lendo esta novela tamén aprendín sobre libros pop-up que se facían en Europa a comezos do século XX. Busqueinos e ata hai algún vídeo. Déixovos nomes para quen queira procuralos: "Cuentos de Bookano", "anuarios del Daily Express", Vojtech Kubašta, Ernest Nister, Meggendorfer. Segundo parece, moitos destes enxeñeiros do papel tiveron que deixar de traballar en Alemaña por causa das guerras. Unha lección de historia en forma pop-up!

Tamén vos deixo un anaco do libro que me encantou:

He estado leyendo sobre la lluvia. Ese olor tan absolutamente distintivo, de cuando empieza a caer la lluvia... Hay dos científicos que lo han analizado. Lo han llamado "petricor", a partir de la raíz griega de la palabra piedra, más la "sangre" que fluye por las venas de los dioses. Es el olor de un aceite que producen las plantas a medio pudrir, sometidas a la oxidación y a la nitratación, y resulta de una combinación de tres componentes. Las primeras gotas de lluvia llegan a la piedra o a la acera, y liberan este aceite de las plantas, que nosotros olemos cuando comienza a ase arrastrado por el agua. Sólo lo podemos oler cuando el agua lo empieza a diluír.

Un libro que vos emocionará.

5 comentarios:

ana (biblosvivos) dixo...

Pois xa me entraron unhas ganas enormes de lela. Por riba, os pop-up son unha das miñas debilidades. Sempre se aprende ao pasar por aquí.
Un saúdo.

Ronsel dixo...

Pois xa me contarás se che gustou. Unha aperta.

Marisú dixo...

Creo que Anne Michaels e unha das miñas autoras mais queridas. Non sei se leichedes a sua primeira novela "Piezas en fuga", bellisima tamén.
Lein "La cripta de invierno" cun exemplar de Altair sobre Exipto na man, e foi unha combinación maravillosa, si, e, dende logo un libro que te leva a moitos mundos e historias.
Por certo, un dos moitos paragrafos que subliñei e o que ti citas.
Un saudo

Marisú dixo...

Anne Michaels e unha das miñas autoras mais queridas. Non sei si leichedes a sua novela "Piezas en fuga". Bellisima tamén.
Lein "La cripta de invierno" cun exemplar de Altair sobre Exipto na man e foi unha combinación maravillosa. Si, e un libro moi especial que te leva a moitos mundos e historias humanas cunha delicadeza e comprensión que che deixan con ganas de volverlo a leer, con mais calma aun.
Por certo un dos moitos parrafos que subliñei e ese que ti mencionas.
Un saudo.

Ronsel dixo...

A verdade é que quedei con ganas de ler "piezas en fuga". Grazas pola recomendación, e pola visita

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.