Foi toda unha sorpresa descubrir que unha editorial como Tusquets tamén publica este álbums tan fermosos. E non só iso: o texto é de Arthur Miller! Así que La manta de Jane conta, en principio, cun valor seguro: un autor así non pode decepcionar. Abofé que non o fai: o libro contén ademais delicadas ilustracións de Al Parker. Unha historia común, a querencia por algo que se ten dende bebé, serve para falar de crecemento e maduración, do paso do tempo, da lene necesidade de comprender que nada é indispensable. Todo é amable e encantador, suave: tanto o texto como as ilustracións. Unha alfaia.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
29/03/11
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
5 comentarios:
Si que ten boa pinta, mirarei de conseguilo
Hoxe constatei co meu libreiro preferido que estes son os libros que están aumentando as vendas nas librerías e son mercados por adultos. Da que reflexionar
Pareceume un libro bastante bonito e con unhas boas ilustracións
este conto no estivo mal pero foi moi longo contando a vida da rapaza
este libro era moi longo pero entretido
Publicar un comentario