Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/03/11

O tren

Fermoso, fermosísimo álbum ilustrado de OQO: O tren é de Silvia Santirosi con ilustracións de Chiara Carrer. Un libro que nos achega á perda dun ser querido, tan querido como unha nai para unha nena; esa terrible dúbida á que debe facer fronte o pai cada día; esa tremenda ausencia que cada día nos mira dende o ceo. Só o tempo axuda a mitigar a dor, e así nolo fará entender o texto.
Lene, suave, delicado... texto e ilustración foxen de dramatismos e mentiras para falarnos dun tema tan especialmente duro para a infancia.
Un dos álbums máis fermosos destes últimos tempos.

Como podo dicirche que as persoas que queremos morren, nos deixa e se van? Como podo dicirche que o amor e a alegría forman parte da vida igual que a dor e a tristeza? (...) Como podo dicirche todo isto, miña nena?
Entón cóntoche unha historia.


36 comentarios:

carmen dixo...

este conto é moi triste pero bonito

carmen dixo...

este conto é moi triste pero bonito

yoli dixo...

este libro é bonito, conta como o pai lle conta unha historia a súa filla para que entenda que súa nai morreu....

Cris dixo...

Este libro gustoume, paréceme moi orixinal a forma na que o pai lle dí a nena que a estrela e súa nai e que aínda que non a vexa, sabe que sempre vai estar alí.

brais dixo...

é moi triste pero é unha realidade que todos debemos sufrir

rafa dixo...

este libro ao principio non me enterei moito pero ao que o explicou a profe entendino todo

martin dixo...

Este libro axúdanos a entender mellor como viven aqueles rapaces que por desgraciza perderon a súa nai ou a seu pai

Noemí dixo...

Este libro estivo ben. E trataba dunha nena que lle morreu a nai e seu pai non llo sabía explicar, e por iso lle dixo que a estrela que vía era súa nai.

iván dixo...

un conto moi triste, porque a nai morréralle, que era o tren que lle aparecía en soños

Cristina dixo...

Precioso! E encántame cando comentan os rapaces e as rapazas no blog...

Noelia dixo...

É moi bonito e moi triste.

Angel dixo...

Este conto é moi bonito pero triste

daniel dixo...

este conto é moi triste pero bonito

Ernesto dixo...

É un libo moi bonito pero triste

Martin 2ºA dixo...

O libro está ben pero é moi triste a metáfora do tren coa nai da rapaza.

Ana dixo...

Trata dunha nena que lle morreu a súa nai, o pai intenta contarllo dunha forma que a nena o entenda. A nai, segundo lle dixo o pai, é una estrela, que sempre estará con ela =)

Yéssica dixo...

Gustoume moito porque pareceume moi orixinal o que lle dixo o pai a nena sobre a estrela.

Roberto dixo...

É un pouco raro, non sei se entendín moito.

santi dixo...

este libro è moi bonito é orixinal e gustoume moito a pesar de que e moi triste

Cristina dixo...

Este conto é moi triste porque a nena estraña moito a súa nai e ten medo de quedar soa.Gústame moito a ilusión coa que a nena mira cada noite a estrela pensando que é súa nai.

Rocío dixo...

Este libro é moi bonito pero tamen é moi triste

Cristian dixo...

Este conto é moi triste xa que o rapaz non quere aceptar que non vai volver a ver a súa nai.Que pena me dá!!!

Cristina dixo...

Este libro é moi bonito pero moi triste.

jonathan dixo...

fermosísimo,a min encantoume, é triste pero vale a pena lelo

David dixo...

este libro é bonito, conta como o pai lle conta unha historia a súa filla para que entenda que súa nai morreu....

Almu dixo...

Esté libro gustoume, paréceme moi orixinal a forma na que o pai lle dí a nena que a estrela e súa nai, sabe que sempre vai estar alí.

xacobe dixo...

è moi triste e moi dificil de entender

Lino dixo...

É moi bonito pero moi triste aínda non sei se o entendín

David dixo...

este libro é bonito, conta como o pai lle conta unha historia á súa filla para que entenda que súa nai morreu.

david macía dixo...

é moi triste e dáme moita pena

javier dixo...

este libro faiche pensar sobre o complicado que son as cores e o que para nós non é nada que son as cores para un cego e unha cousa que xamais saberán como è.

tania dixo...

Este libro é moi bonito pero moi triste. Conta como seu pai lle conta á súa filla como morreu a súa nai.... a cousa complícase moito cando a nena lle ten que explicar a un cego de nacemento como son as cores...

valen dixo...

Este libro é moi bonito e emotivo!!!!porque a nena perde á súa nai

lucia dixo...

Este libro é bonito e trata dunha rapaza a que o seu pai lle conta unha hitoria da súa nai na que a relaciona coas estrelas e a rapaza mira cada noite a estrela como se a puidese coller =(((

tamara dixo...

Este libro é moi bonito.O pai explícalle á filla dunha maneira delicada que súa nai morreu,dicindolle que está nunha estrela.Tamén e moi triste debido a que a nena non ten nai.

Lexis dixo...

E un libro moi bonito pero triste porque a nai do rapaz morre e seu pai inténtallo dicir dunha forma que non chorase.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.