Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/03/11

Os contos do camiño


Publica OQO este Os contos do camiño, Los cuentos del camino, Os contos do caminho, Les contes du chemin, un libro que recolle as ilustracións de relatos tradicionais de pobos polos que discorren as rutas xacobeas.
Dirixido a escolares para espertar e alimentar a curiosidade por viaxar e sobre todo por achegarse aos contos populares e á tradición oral. Ilustrado por eses nenos e nenas que interpretan as historias ás que se achegan.

7 comentarios:

carmen dixo...

un dos conto era triste pero cun final moi feliz que a pesar das dificultades todo se arreglou.

Cris dixo...

Este libro non me gustou moito!

rafa dixo...

moi entretidas as historias

brais dixo...

gustoume esto libro aínda que só o leramos en galego tiñamolo que ler noutro idioma tamén

iván dixo...

este conto non me gustou moito polos idiomas nos que estaba escrito

yoli dixo...

un dos contos conta que eran tres irmáns que tiñan que ir por unha flor para salvar a súa nai, o primeiro e o segundo non o conseguiron por avariciosos e o último si por bondadoso ;os irmáns celosos traizoárono pero o fin todo se solucionou

Noemí dixo...

Este libro está moi ben e é moi entretido. E recolle uns cantos contos en varios idiomas.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.