Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/04/11

Arte solidaria


Artistas en Axuda a Xapón é un movemento internacional creado por diversas comunidades de artistas. Fundado por Dice Tsutsumi, director de arte de Pixar Animation Studios, este movemento encargouse de organizar máis de 12 eventos para a recadación de fondos en varios lugares do mundo. O que fan é vender unha obra destes artistas. Este é un vídeo feito por Johnston e Dan Govier baseándose nun cadro donado por Patrick Awa.


"One" / Artists Help Japan Event Promotional Video from Curio on Vimeo.



Ademais desta agrupación internacional, un grupo de artistas españois tamén realizan unha poxa de debuxos orixinais para axudar as estas vítimas do Tsunami. Unha boa idea para un agasallo, non si?



Vía Todas

2 comentarios:

mon dixo...

O dos agasallos vai porque ti queres un debuxo deses, va que si?

Ronsel dixo...

Non estaría nada mal, a verdade. Xa sabes que me gustan!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.