Adentreime no universo biográfico de Lois Pereiro da man de Calveiro para agora retomalo con Antón Lopo. Non teño o atrevemento de facer unha nova chiscadela, como daquela, e facer esta entrada como realmente me gustaría: tal como remata o libro do que falo, sentar a Lois ao meu carón para maxinar o que el diría deste libro e eu copiar as súas palabras. Debo conformarme, por tanto, con facer un post "ao uso".
Antón Lopo publica en Galaxia A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, e faino dende diversos puntos de vista: a vida de Lois virá da man da súa nai, do seu irmán, do seu gran amor, dos seus amigos e da súa irmá; a obra será analizada por 6 autores e logo tomará a palabra o propio Lois, quen manterá unha curiosa conversa con Antón.
De aí a diversidade do texto e a súa prestancia: non estamos ante aunte unha biografía senón ante un multiperspectivismo máis que interesante adobiado con diversas fotografías que cada persoa protagoniza a carón de Lois. A palabra exacta nola dará cada un dos achegados de Lois e cada un dos estudosos da súa obra, esvaecéndose a figura do biógrafo delicada e sutilmente, pero aportando ese toque novelesco que tan ben lle acae ao libro que temos entre as mans. Así podemos ler unha biografía case como unha novela, ou lemos unha novela biográfica, sempre dende o respecto e o achegamento, dende a admiración e o cariño, e dándonos os puntos claves e necesarios para saber máis do poeta de quen este ano As Letras Galegas toman o seu nome. Porque a vida é exclusiva de cadaquén, e a poesía, a literatura, é a man que serve de ponte entre cada unha.
Sinceramente, e non é só unha opinión particular, creo que sería bo que as editoriais acordasen a publicación conxunta de biografías e obras do autor das Letras Galegas.

4 comentarios:
Pois penso que tes razón. Tanto derroche de libros e todos tan bos, pero non se da feito.
Lopo leva camiño de ser o artista integral!!!!
Si, Ernesto, xa sei que lle tes devoción!
E un libro perfecto! Cando un escritor fai un experimento(eles din exercicio literario)hai que poñerse a tremer, pero cando é Lopo saen estas cousas.
Aída tes pendente de ler a de Novoneyra!!!
Publicar un comentario