Pois si. O demo chegou a Lalín. Non é que o demo sexa de Lalín, que ben podería ser, non, simplemente que ao demo, aínda que a vostedes lles custe crelo, gústalle ler e gústanlle os acontecementos culturais, máis se están relacionados coa lectura. Así que veu á Feira do Libro de Lalín, fixo unhas cantas trasnadas, e marchou tan feliz.
Eu, se llelo conto, é porque o vin. Non só o vin, senón que estiven alí. Ben, estiven alí e tamén rin a esgalla, porque se algo bo ten o demo é que é simpatiquísimo. E aínda o é máis se ten grata compañía, como foi o caso: Carlos Negro e Paco Macías decidiron axudalo un pouco e convertérense en seus axudantes... por un día. Facelo saír, digamos. Porque o demo, tampouco o sabiades, é moi tímido. E non sempre quere deixarse ver. Fai cóxegas, si, pero ás agachadas. É moi demo el.
Así foi a presentación de Abelcebú en Lalín: un demo de presentación. Se temiades que podía ser aburrida, un tostonazo, como adoita acontecer coas presentacións dos libros nos que autores, editores e presentadores póñense moi serios, nada máis lonxe da realidade. Porque esta foi todo o contrario: un servizo de comida e libraría con afán de conquistar e gozar dunha mañá de sábado lalinense. Non estaba cheo, non, pero a sona houbo de espallarse, que nunca tan ben se pasou nunha Feira do Libro...
Como eu tamén teño algo de demo, que conste en acta, non podía realizar a crónica fotográfica: non son tan dema como para estar en varios sitios ao mesmo tempo! Pero sempre hai bruxas dispostas a facer ese traballo, que para algo contan con algúns poderes. Así que hoxe tamén hai crónica visual:

Sen comentarios
Publicar un comentario