Que un alumno deixe os estudos sen rematar 4º da ESO é para min un fracaso total, do sistema educativo e do sistema social. Pero os seus compañeiros e compañeiras arman festa con calquera excusa e organizaron unha despedida na aula. Eu deséxolle o mellor a Daniel Sánchez na súa nova etapa.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
16/05/11
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
7 comentarios:
A festa sempre anima a un profe,jajajaja sempre esta ben disfrutar e sobre todo "mantear" o titor no pasillo. Jajajaja
Unha festa...de ser por min non faría festa ningunha,non me fixo gracia que marchara,ainda me caía ben...Non era mal tipo.
O único que gañei con todo esto foi poder sentarme no seu sitio,era a ilusión dende hai tempo.
Mira que ollo clínico teño, querida Aroa, que xa me parecía a min que o tipo este ata che caía ben... e que tiñas un corazonciño agochado que ata deixa escapar as bágoas!
Seguro que agora estarás máis centrada, din os profesionais.
Sempre hai que facer festaaaa sobretodo para que xa que marchan o fagan con bos recordos do ultimo diaaa!!
Pois eu, a verdade, nunca me levei con el por problemas do pasado pero o pasado chámase así porque xa pasou e eu pola miña parte xa o teño esquecido por iso me dou pena que marchara e máis tendo consciencia de que marchou a persoa máis intelixente, dende o punto de vista do coñecemento, e a persoa máis estúpida dende o punto de vista da aplicación de tal intelixencia nos estudos. Creo que era moi boa persoa aínda sen coñecelo. Deséxolle o mellor aínda que son consciente de que lle ira fenomenal. Unha pena que se fose, no fondo queríalle.
unha despedida desde o meu punto de vista non é boa deume pena que se fora porque era un rapaz moi bo e todos lle tiñamos aprezo, pero seguro que lle vai ir moi ben fora do instituto¡¡¡
Pasamolo ben na festa pero sempre da pena que marche un compañeiro sen acabar de estudar .
Publicar un comentario