Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/05/11

Contando no Manuel Rivero

Este venres pasado fun a un dos coles de aquí de Lalín, ao Manuel Rivero, a contar contos para o alumnado de 6 e 7 anos. Como xa son máis maiorciños, a experiencia foi totalmente diferente á do ano pasado en Bandeira, aínda que igual de emocionante. Por suposto, a sesión rematou con eles case enriba miña, que é o máis fermoso de todo.
Grazas ás profas por me convidar.

4 comentarios:

Xabier dixo...

Benvida ao club!

Ronsel dixo...

Xabi, corazón, canto tempo! Contar contos é fermoso, verdade?

Anónimo dixo...

Fíxate que comenzache tendos a dous metros e case rematan enriba de ti, jajaja (Fernando)

Ronsel dixo...

Metéronseme debaixo da mesa, enriba miña e onde prouguese!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.