Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/05/11

La revancha del gallo


Continuación de El ladrón de gallinas, Libros del Zorro Rojo publica agora La revancha del gallo, que segue a encantarnos. Unha historia sen palabras porque, simplemente, non as necesita: as imaxes son autosuficientes. Se o primeiro libro nos sorprendía co seu final, este non se queda atrás. Porque os tres amigos seguen a vivir aventuras tan sorprendentes que terán un resultado aínda máis sorprendente que vos vai namorar. Palabra de lectora!


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.