Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/05/11

Semana Matemática 2011

O alumnado de 3º e 4º ESO Do CPI Don Aurelio acudiu o pasado mércores día 11 á VII Semana Matemática organizada pola Asociación Escola Rosalía de Castro e Agapema. Alí participaron nos oito obradoiros que nos tiñan preparados nos que puideron ver as matemáticas desde outros puntos de vista máis manipulativos, intuitivos e participativos. Tangrams, pentominós, hexamantes,... fixeron que as rapazas e rapaces de Cuntis pasasen unha mañán do máis entretida: non había máis que mirarlle as caras...

  
  

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.