Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/06/11

Celebrando a Literatura Galega

Foi difícil e o resultado non foi todo o que agardabamos... pero, poñer a bailar a todo o alumnado do colexio e do instituto para festexar as Nosas Letras, non é precisamente traballo doado. Cumpriría realizar un ensaio anterior, pero non hai tanto tempo en maio.
Tivo lugar o 18 de maio, á volta da ponte das Letras. Xuntámonos todos no patio que compartimos, fixemos unha cacharela con libros da Literatura Galega e decidimos salvalos da queima. Aínda que non quede moi claro no vídeo cal era o desenvolvemento da acción programada, o que tiñamos pensado era isto:
cada alumna/o chegou cun libro que foi amoricando no centro; logo, un grupo de alumnos e alumnas pequen@s comezaban a bailar e eu fun a encargada de lles entregar un libro como símbolo, o que festexaban, e a partir de aí salvaban todos os libros entregando un a cada un e que todo o mundo se puxese a bailar con eles. Facer bailar a xente é bastante complicado cando non están nun pub!!!




Dar as grazas a mestres e mestras, especialmente a Vanessa, por me apoiar e axudar. Tod@s destacaron que a colaboración entre ambos centros debería repetirse.



7 comentarios:

Cris dixo...

Saiu algo mal, porque cada un tiraba os libros por onde quería e tamén porque os nenos non sabían ben o baile, pero a intención é o que conta.

brais dixo...

foi unha actividade moi chula e os nenos do colexio fixérono moi ben

yoli dixo...

Bueno, estivo ben aínda con algún percance pero bueno pasamos un bo rato bailando...

rafa dixo...

gustoume moito ainda saira mal

Noemí dixo...

Que riquiños estaban os pequenos cando bailaron a canción de waka waka tráfico. Esta actividade estivo moi ben.

Anónimo dixo...

Pois eu creo que os rapaces o fixeron xenial xa que hai que ter en conta que son pequenos e que prepararan o baile nunha hora, cousa que non darían feito nin a metade de persoas no instituto pero da igual. Creo que a intención de que se vira que os libros eran salvados dunha queima non quedou de todo clara pero polo resto a min gustoume.

Carmen dixo...

Gustoume moito a actividade e estuvo moi ben que os pequenos tamén bailaran . Debiamos ter máis actividades coma esta .

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.