Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/06/11

La hora de los relojes



A poesía tamén marca as horas, tamén é impuntual, tamén come o tempo, mesmo é quen de esbirrar e fuxir do tempo... Cando menos así nolo demostra Fran Nuño en La hora de los relojes, un fermosísimo libro de poesía ilustrado por Enrique Quevedo que nos vén da man de Kalandraka. Poesía para pasar o tempo, para mirar a hora, para parar os segundos, para voar no tempo, para dar marcha atrás, para correr cara adiante, para retrasarse, para adiantarse... a carón dunhas ilustracións marabillosamente deliciosas que non queren nin poden marcar o tempo. Porque este fuxirá entre as nosas mans, ao final, para asegurarnos que queremos volver ao comezo do poemario e relelo novamente.


Hay una hora secreta
en la que el mundo se detiene,
todo se paraliza,
nadie se mueve...
Y los relojes salen,
hacen sus recados,
se cuentan poemas,
dan paseos,
se divierten...

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.