Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/06/11

Maxia!


A última novidade de OQO é este conto de Charo Pita e Madalena Matoso, Maxia! que fala como un neno pequeno queda a cargo dun bebé que seica ten fame pero ao que non sabe como alimentar, ata que chega a nai do bebé e encárgase del do mellor xeito posible. Un libro feito para normalizar a lactancia na vida cotiá. As ilustracións están feitas coa técnica da colaxe.
Fermoso conto para achegar algo tan natural e "máxico" aos máis peques.

De súpeto, o bebé botouse a chorar. Óscar arrolouno, colleuno no colo… pero non acougaba. Cantoulle unha nana, paseouno pola casa… Non serviu para nada! Entón Óscar pensou: Este bebé ten fame… Buscou pola cociña, pero a neveira
estaba baleira.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.