Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/06/11

Prohibido conducir

Hai cousas que son incompatibles: ser muller, vivir en Arabia Saudí, conducir.
O venres pasado as mulleres saudís realizaron unha protesta: conducir un coche aínda que estea prohibido. A primeira en desafiar a prohibición subiu ao coche do seu home ás 12,40 da madrugada; conduciu durante máis de tres minutos e colgouno en Youtube.
O caso é que non existe ningunha lei que declare tal prohibición, pero... a relixión, coma sempre, ten algo que dicir, e aos clérigos non lles gusta que se cometa tal "escándalo". Polo que as mulleres non dan obtido o carné.
Eu estou de acordo: para que queren as mulleres (queremos) conducir se podemos ter chofer???



Vía

Vou aproveitar para colgar un poema de Idea Vilariño que se chama "Desnudez total". Algo que tamén estará prohibido alí:

Ya en desnudez total
extraña ausencia
de procesos y fórmulas y métodos
flor a flor,
ser a ser,
aún con ciencia
y un caer en silencio y sin objeto.

La angustia ha devenido
apenas un sabor,
el dolor ya no cabe,
la tristeza no alcanza.

Una forma durando sin sentido,
un color,
un estar por estar
y una espera insensata.

Ya en desnudez total
sabiduría
definitiva, única y helada.

Luz a luz
ser a ser,
casi en amiba,
forma, sed, duración,
luz rechazada.



1 comentario:

Carmen Toro Cabaleiro dixo...

POEMA PRECIOSO!
eu tamén son muller...
conducir sempre é necesario,
polo que a propia palabra representa e pola nosa condición de mulleres...
temos o dereito de conducir o que queramos, sobre todo A NOSA VIDA!!!!

tamén podemos deixarnos levar...resulta agradable, se a viaxe o merece!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.