Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/07/11

Aprender facendo

Moi instrutivas as palabras de Roger Schank, ás que chegamos grazas a Montse: non se pode aprender do que che din, hai que aprender facendo.

5 comentarios:

Xabi dixo...

Evidente. Completamente de acordo. De sentido común.
Mais, ¿a que esperamos para poñelo en práctica?

Xabi dixo...

"O que sabe, non fala e o que fala, non sabe"

Ronsel dixo...

Cada día filosofas máis! Si é certo o que din, o malo é poñer en práctica, ou cambiar os malos costumes que temos os ensinantes... non sei. É moi complexo, verdade?

Xabi dixo...

Non é complexo, é NATURAL.

Sempre lle chamei "método natural" pois é o que empregan os nenos, de forma natural, nas grandes aprendizaxes da súa vida

Montse dixo...

De nada, Ronsel. Un placer.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.