Segunda entrega da serie: agardo que sexa do voso interese. Desta volta, tráiovos unha sorpresa: está presente o grandísimo e admirado Celso Emilio Ferreiro, tirado do libro Conversas con Celso Emilio Ferreiro que me resumiu Ramón, a quen novamente lle mando o meu agradecemento.
Celso Emilio Ferreiro: Antes de escribir o poema xa o elaboraba con anterioridade mentalmente e de xeito concienciudo. A súa muller era sempre a súa primeira lectora e crítica ("a pedra para constatar a realidade, a emoción que pode espertar").
Yolanda Castaño: Con silencio total, pechada e con luz artificial, acode primeiro á súa cabeza antes de deixar pegadas no papel.
Antón Riveiro Coello: Merca cadernos en branco que logo non utiliza e asina sempre cun bolígrafo vermello. Un pouco de licor café axúdalle a enfeitizar as musas.
Manuel Núñez Singala: Non fala do seu traballo ata telo rematado. Cambiou o caderniño e un cabo de lapis polo iPhone: sempre anda a anotar para non esquecer as ocorrencias.
María Canosa: A orde é fundamental para poder efectuar este labor que nos ocupa, algo que adoita realizar descalza e cunha vela porque lle relaxa mirar a lapa. Prefire escribir con lapis, e sempre a man.
Miro Villar: Nunca se pon á escrita de noite e faino en papel necesariamente. Adoita traballar intermitentemente e repousar a súa creación literaria.
Marta Dacosta: Acostuma utilizar as mesmas ferramentas, un vello caderno cheo de folios soltos e un bolígrafo agora extraviado. Obrígase asemade a utilizalas cando menos unha vez ao mes.
Antón Fortes: Utiliza uns pequenos cadernos de 10 por 15 centímetros nos que escribe cun Pilot de tinta líquida negra con letra minúscula (o propio autor asegura que é "de formiga").
Marica Campo: Cómprelle a soidade e escoitar música de violonchelo, preferentemente Mischa Maisky ou Jacqueline du Pré.
4 comentarios:
Ola, estiven escoitando algo de Mischa Maisky ou Jacqueline du Pré, música que escoita Marica Campo, e encantoume, deixo algún enlace por se alguén quere escoitar:
http://www.goear.com/listen/2ec334d/asturiana-de-la-suite-popular-espanola-manuel-de-falla-jacqueline-du-pre
http://www.goear.com/listen/5ee5b99/robert-schumann-cello-conce-jacqueline-du-pre
http://www.goear.com/listen/e430e55/fantasiestucke-op-73-martha-argerich-y-mischa-maisky
http://www.goear.com/listen/cc05e77/bach-nun-komm-der-heiden-heiland-mischa-maisky-cello-j-s-bach
Saúdos
Anxo
Caramba, moitísimas grazas pola contribución, e pola visita, claro. Saúdos
Grazas a vos por este blog. Extrañoume que mantíverades activo o blog no verán.
Para escoitar cada enlace hai que copiar e pegar no navegador de internet.
saúdos
Ui, son moi mala e non lle dou vacacións ao blogue!
Saúdos
Publicar un comentario