Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/07/11

La delicadeza

David Foenkinos é o autor de La delicadeza, unha novela gañadora de dez premios publicada por Seix Barral, aínda que para min non é unha gran novela nin unha obra de arte; ten, como máximo, un aquel que engancha porque é un conto de fadas moderno con toques humorísticos e doses de tenrura, fraxilidade e un par de príncipes cun "malo" (nin demasiado) para contrastar. Por suposto, a princesa é a protagonista e saberemos por que está triste ata que deixe de estalo. A diferenza está nuns pequenos engadidos que provocan, e case sempre o conseguen, o sorriso do lector, algo que constitúe, maxino, o afán último do escritor.
É unha novela que esquenceremos axiña: non permanecerá indeleble na nosa memoria porque é tan só un exercicio de entretemento afectivo, un conto de esperanza e de amor, adozado coa dose xusta de cariño e delicadeza cunhas pingas de humor do máis efectivas; algo importante é que non é demasiado longa e que está cheíña de boas intención con referencias culturais. Este totum revolutum conforma unha historia entrañable que precisamente por iso gusta tanto, pero que a min non me deixará pegada ningunha: de feito xa a estou esquecendo... Pero non me fagades moito caso, algo similar dixen con La elegancia del erizo e a todo o mundo lle encantou.


2 comentarios:

Gonzalo dixo...

Mmmm... Yo soy de los que tampoco terminó 'La elegancia del erizo' (como Ernesto en su comentario). No sé por qué. Aburrimiento, quizá sensación de pretenciosidad. Pero la mezcla no me funcionaba.

Ronsel dixo...

E "La delicadeza"? Líchelo?

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.