Non podo deixar de traer a este blogue amante da lectura e da biblioteca esta curiosa historia que atopei aquí.
A historia da biblioteca Brautigan é fascinante porque nela hai obras cunha soa característica común: nunca foron publicadas. No centro de Burlington, na Biblioteca Libre Fletcher, a colección existe para conmemorar a obra do autor contracultural Richard Brautigan que ten unha obra chamada O aborto que se desenvolve nunha biblioteca que recolecta obras inéditas.
Por suposto, todo alí é especial: as sillas non funcionan, o CDU ou sistema organizativo é "mahonesa": os libros organízanse en categorías como "Amor", "Futuro", "Aventura" ou "Todo o demais". Fantástico, non credes?

2 comentarios:
uuuy, unha cousa así en Galicia estaría abarrotada.
non sei, en Galicia publícase moito, moito
Publicar un comentario