Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/08/11

La perdida

Novela gráfica publicada por Astiberri, La perdida de Jessica Abel decepcionoume bastante. A viaxe dunha moza protagonista, un pouco idealizada, en busca das súas raíces. Unhas raíces que non sei se topa, pero topa moitos amigos e moitos atrancos que non lle axudan, precisamente, a ser feliz. Pareceume bastante aburrida a súa lectura, sen que pasasen grandes cousas, cun toque costumista continuo que non lle dá acción á novela. Fíxoseme pesada a súa lectura, demasiado ateigada, e non me acaban de gustar os trazos que utiliza, posto que penso non conseguen transmitir as emocións necesarias que outros comiqueiros si utilizan. Non sei, nin sequera me gustaron os personaxes, non logrei contactar con ningún deles nin coa historia.
Pero, claro, agardo a que algún de vós, que sexa lector e que lle gustase, me dea o contrapunto.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.