Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/08/11

A revolta dos indignados

Chegoume este libro de agasallo da man dun tradutor indignado que sei gran persoa e a quen lle agradezo o galano por ser unha lectura ben interesante e actual. Estou a falar de A revolta dos indignados, que se presenta na mesma colección na que hai algúns meses viu a luz a versión galega do Indignádevos de Hessel: son algunhas voces que teñen algo que dicir sobre o movemento, incluíndose o manifesto e as propostas do Movemento 15-M Democracia Real Xa, o comunicado subscrito polas comunidades cristiás populares do Estado español e o chamado “Manifesto feminista de Sol”.
Digo que é unha lectura interesante, afírmoo, porque informa en poucas páxinas e con pensamento crítico, puidendo saber máis sobre as claves do movemento, a súa xénese, os obxectivos que persegue e algunhas das posibles claves interpretativas que, sen dúbida, nos axudarán a entendelo. E ben nos cómpre saber do que se fala na rúa para rebater opinións que simplemente falas de "cans-frauta" e mozos sen vergoña nin nada que facer. Discutamos con base.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.