Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/08/11

Si los muertos no resucitan

Que Philip Kerr é un dos grandes, quedounos claro dende que o lemos hai xa bastante tempo. E con esta obra, admíroo aínda máis. Si los muertos no resucitan foi o III Premio Internacional de novela negra RBA no ano 2009, e está, por suposto, publicado por RBA. O seu detective, Bernie Gunther, é un dos grandes entre os grandes, porque é humano, sobre todo, e desexa por riba de calquera outra cousa sobrevivir. Pero ademais, ama, desexa, sente, namórase, rise de si mesmo e dos que o rodean, pode chegar a ser un asasino se é preciso...

Estruturado en dúas partes, a primeira é unha crítica e unha descrición dos primeiros anos do nazismo. Igual que fixera nas triloxía de Berlín noir, Kerr semella coñecer moi ben o asentamento desa ideoloxía. E así, o detective vai facendo unha radiografía do que estaba a ocorrer na Alemaña dos anos 30. Con el pasearemos -e nos horrorizaremos- por un Berlín medoñento ante o que puidese ocorrer. E o que pasou sabémolo ben e non podemos esquecelo.

A segunda parte sitúase na Habana dos anos 50, nunha sociedade totalmente corrompida e totalitaria xusto antes da revolución castrista. Tamén o autor disecciona o estado desta sociedade dun xeito fiel historicamente. E asemade pondera o humor do detective, ese xeito de ver a vida que nos atrapa. Cambian as cores, cambia o escenario, pero só aparentemente. A ditadura, a economía, a chantaxe, o medo, as diferenzas sociais, seguen presentes. Moi presentes. E os personaxes principais, por suposto.

Un libro dos mellores que vos recomendo moito, moito.

Algunos morimos en un día. A otros les cuesta mucho más. Años, incluso. Todos morimos como Adán, eso es cierto, pero no todos los hombres vuelven a la vida como Ernest Hemingway. Si los muertos no resucitan, ¿Que pasa con el espíritu del hombre? Y si resucitan, ¿Con qué cuerpo volveremos a la vida?. No tenía respuestas para eso. Nadie las tenía. Si los muertos resucitasen y fueran incorruptibles y yo pudiese cambiarme por otro en un abrir y cerrar de ojos, puede que, sólo por morir, valiera la pena dejarme matar o quitarme la vida.

Cuando llegue a la Habana, fui a Casa Marina y pasé la noche con un par de chicas complacientes. No me quitaron ni un gramo de soledad. Sólo me ayudaron a pasar el rato. El poco del que disponemos.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.