Vídeo sobre o tratamento a nenos e nenas con problemas psíquicos da Citizens Commission on Human Rights International (CCHRI)
Vía
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Atoparalo en Infancia, Publicidade, Saúde, Sociedade
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
5 comentarios:
O tema dos problemas psiquiatricos en idade pedriátrica é o suficientemente complexo como para reducilo dun xeito tan demagóxico e amarelista como o fai este vídeo. Hai nenos moi enfermos que precisan medicación e teñen dereito a recibila, igual que se lles administran medicacións para outras doenzas que, obviamente, tamén teñen efectos secundarios (coma todos os fármacos) e poden causar problemas potencialemnte. Un exemplo: alguén deixaría sen insulina a un neno diabético porque pode provocarlle unha hipoglucemia e matalo?, ou sen broncodilatadores a un neno asmático porque pode ocasionarlle unha taquicardia?
Se pensamos que os nenos non teñen enfermidades psiquiátricas é porque pensamos que non teñen cerebro, que é en última instancia o órgano que enferma? Porque pensamos que aínda non son seres humanos completos e polo tanto a súa mente aínda non está formada? Igual que teñen doenzas pulmonares, cardíacas ou intestinais, os nenos poden padecer enfermidades mentais, aínda que por sorte sexa pouco frecuente, que deben ser tratadas como calquera outra.
P.S: eu tería coidado con este tipo de propaganda que cheira á milla a ciencioloxía...
Seguramente tes toda a razón. Procuraremos informarnos máis antes de recoller este tipo de vídeos que atopamos na rede. Pero sempre é un debate interesante, tal como acabamos de comprobar co teu comentario.
Por suposto que os peques teñen enfermidades psíquicas e que hai que tratalas. Estamos de acordo contigo.
Grazas pola reflexión.
O debate sobre as enfermidades psíquicas na infancia é dos mais ricos e interesantes da psiquiatría actual, aínda que eu non son ningunha experta. Coido que mais ben o foco debera estar sobre cando e que tratamos, o que sobrediagnosticamos e o que pasamos por alto. Aínda estamos mollando os pés no océano do coñecemento, que diría Carl Sagan :)
Felicidades polo excelente blog.
Eu creo que calquera cousa que atinxe á mente é de momento un grande enigma, malia os avances: a mente humana, esa grande descoñecida. É unha pasada a complexidade que aí dentro albergamos, verdade?
Grazas a ti por achegarte a nós. É un honor terte de lectora.
Saúdos
Eu creo que calquera cousa que atinxe á mente é de momento un grande enigma, malia os avances: a mente humana, esa grande descoñecida. É unha pasada a complexidade que aí dentro albergamos, verdade?
Grazas a ti por achegarte a nós. É un honor terte de lectora.
Saúdos
Publicar un comentario