Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/09/11

La chica con pies de cristal

Fermosísimo este libro que nos ofrece Salamandra, La chica con pies de cristal é de Ali Shaw, un conto triste de amor e fantasía. Fantasía é a chave que abre as portas, sen ela o lector non pode achegarse ás súas páxinas. E unha vez abertas, asolagaravos a tristura. Unha tristura maina, potente, sen bágoas apenas, pero exquisitamente pertinente e presente en todos e cada un dos personaxes, feridos de amor dun ou outro xeito. Detrás de todo isto, o misterio das lendas, dos contos tradicionais que escoitabamos de pequenos, de bosques profundos e estrañas criaturas. Unha delicia para todos os sentidos. Detrás de cada palabra poderemos atopar, sen pensar, calquera tipo de maxia. Porque é esta palabra a que mellor define esta lectura: a maxia transportaranos con elegancia a un pequeno mundo habitado por moi poucos personaxes que devoraremos, sabendo certeiramente que só nos agarda un tráxico final. Porque se o libro fala con tristura ou con esperanza do AMOR, a MORTE está presente tamén continuamente. Amor e morte como eixos das vidas das persoas. E detrás, unha subxugante prosa que mestura realismo con fantasía, tradición e actualidade, negro e branco, medo e afouteza.
Unha preciosidade: tenrura e tristura xunguidos sen grandes alaridos.

Igual que las ramas de los árboles, que se doblaban con torpeza al agitarlas el viento, y las hojas, quebradizas, se rompían como el pergamino viejo. Igual que un halcón que Ida había visto volar sin gracia alguna, como mecánico batir de alas. Parecía que eso fuera lo que hiciera aquel archipiélago: agarrotar las cosas, agotar su vitalidad.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.