Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/10/11

5000

Queremos celebralo convosco. Semella incrible, pero o número non é erróneo. Son 5000 os post que podedes ler neste blogue. Botamos a vista atrás, a ese verán do 2007 no que comezamos a traballar con tanta ilusión nesta nosa e vosa casa. Miramos en derredor e pensamos: "Temos que perseverar. Hai tanto por facer!". E continuaremos, mentres saibamos que para un de vós somos importantes. Queremos seguir loitando por un mundo mellor. Dende este humilde recuncho, coas nosas pequenas voces na inmensidade do universo, procuraremos avanzar na busca dun mundo máis humano, máis culto, máis concienciado, máis formado, máis igualitario e pacífico.
Grazas a todas e todos por estardes aí, do outro lado, en silencio ou tomando a palabra. Por seguirnos nas redes sociais e por espallarnos.
5000 entradas
5000 grazas
5000 apertas
5000 desexos de igualdade
5000 motivos para visitarnos



27 comentarios:

Darabuc dixo...

Gracias a vosotros por exponer vuestro punto de vista con tanta independiencia, constancia y capacidad de sugerir ideas, reflexiones y emociones. :)

Unknown dixo...

Que bonito! É para min un gran pracer intelectual (?) e persoal darvos os parabéns. E que non pare, porque estamos sempre necesitados desas pingas de rebeldía, de xustiza, de compromiso e... por suposto, de pracer.
Iso si, cando cheguedes aos 10.000 non vos pode saír tan barato.

Ronsel dixo...

Grazas a ambos por estardes aí. Un pracer comunicarnos na blogosfera.

Xabi dixo...

5000 parabéns!

Parabéns e grazas

Cibrán dixo...

Agardando polos vindeiros 5000

bolbor dixo...

Tamén os meus parabéns, aínda que algo lonxe destas páxinas, pois andamos na exploración doutras terras, escuras e menos fértiles ca este prado de mantido nacemento de inquedanzas e ilusións, no que o que menos importa é canto se produce, máis importa que a vida se manteña outro ano máis e refresque este cambio climático que só parece producir mentes petrificadas. Ante isto, ronseis nun río puro, moita plasticidade cerebral.

Anónimo dixo...

5000 apertas e un bico de ánimo para ir a por outras 5000 post. AReigosa

Ronsel dixo...

Moitas grazas a vós, Xabi, Antonio, Cibrán.
Bolbor, que dicir? Ogallá haxa un río vital que sexa quen de fertilizar tanta mente estreita que nos rodea.
Bicos

Elvira dixo...

Parabéns!

Chus dixo...

noraboa!

Antón dixo...

Parabéns por ese milagre do que hai detrás moitísimo traballo, compromiso e, sobre todo, xenerosidade

Anónimo dixo...

Grazas a vós Anxo e Gracia.
Estou seguro de que coa vosa teimuda pesenza aquí xa se conseguiu mellorar algo o mundo. Non cesedes nunca.
Fernando

Ronsel dixo...

Grazas novamente a todos vós. Fernando, gustoume o de "teimuda"!

Montse dixo...

Felicitats! 5000 és un número molt gran.
Darrere del número hi ha un munt d'hores, d'il.lusions, de feina, de ganes de comunicar-se amb totes les persones que s'acosten al blog.

Per la meva part t'envio 5000 apertas i 5000 bicos.

Ronsel dixo...

Moitísimas grazas, querida Montse. Sabes? O importante é que, ao final, estamos 5000 veces máis preto de ti...

Rosa dixo...

Ufff, que marabilla! Ultimamente os números non fan máis que asustarme e por fin atopo un que me enche de alegría e de orgullo, indubidablemente, porque SUMA e non resta!!!!
Sinceros parabéns e sincero agradecemento. E tamén desexo de que consigades manter a ilusión e o ánimo para seguirnos brindando o voso tempo.
Unha aperta!

Ronsel dixo...

Querida Rosa, ti tamén tes algo que ver nese número, verdade? Así que grazas por dobre partida. E ogallá sigas connosco sempre!

anxoboiro dixo...

Ola, súmome aos numerosos parabéns enviados a "Trafegando ronseis", pero quixera salientar que o importante non é o número (cantidade), senón a calidade das entradas, non poido dicir que me gustaron todas, pero si poido dicir que a maioría me resultan moi interesantes.
Parabéns e grazas!!!!!

Ronsel dixo...

Grazas Anxo. Tes razón, o número non é o importante... Facendo un chiste fácil, como o do tamaño... Pero o importante é que sirvan e interesen, tes razón. Grazas a ti.

Agustín Fernández Paz dixo...

Prezados Gracia e Anxo:
Comenteivos nalgunha ocasión que Trafegando Ronseis é un dos poucos blogs que teño no meu cartafol de "Imprescindibles". Sorpréndome cada día cos agasallos que nos ofrecedes, a través do blog vou sabendo de libros, ou de curtas, ou de álbums... ou de feitos e opinións que doutro xeito non coñecería. É un pracer visitalo a calquera hora, sempre hai algunha novidades que me sorprende. Para moitas persoas, entre as que me conto, "Trafegando Ronseis" cumpre unha función moi importante. Parabéns polo número redondo dos 5000. E que poidamos gozar dos novos que han vir.

Ronsel dixo...

Prezado Agustín: Ogallá saibas o que supoñen as túas palabras. Veño de lelas, erguinme, volvín sentar e un aloumiño percorreume. Grazas por seguirnos, pero sobre todo grazas por dicírnolo, por dedicarnos parte do teu tempo e agasallarnos coas túas palabras.
Unha aperta de corazón.

Bibliomanía dixo...

5000 palabras de loubanza e outras 5000 de ánimo para seguir trafegando.

Unha aperta!

Ronsel dixo...

Rodeados de blogues coma o voso, o camiño é máis doado. Moitas grazas

zong dixo...

Parabéns por facernos chegar o latexo do planeta na súa ampla diversidade. Orgullosa de vós.
m8s bkñs
pepa gonzález

Ronsel dixo...

Moitísimas grazas, Pepa.

Helena Pérez dixo...

Tanto para min como para os meus fillos, Airas e Artai o voso blog e sempre unha caixa de sorpresas: con el nos rimos, choramos, aprendemos, discutimos, criticamos, falamos e sobre todo lemos e seguimos o voso ronsel trafegando risas, choros, berros... ata onde seña preciso.
Ánimo e bicos

Ronsel dixo...

Grazas Helena, Airas Artai: fermosísimo o voso comentario. Ogallá que sigamos, entón, tragegando xuntos o camiño nun ronsel de esperanza. Unha aperta para os tres.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.