Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/10/11

Homenaxe a Chano Piñeiro (I)

Hoxe organizamos no IES Chano Piñeiro unha merecida e necesaria homenaxe a este director de cine, nado en Forcarei, de quen toma prestado o nome o noso centro de ensino. Comezaremos coa proxección da curta "Mamasunción" para logo pasar a ter unha mesa redonda coa presenza da súa viúva, MariLuz Montes, Rochi e Miguel Anxo Fernández. Aos tres agradecemos a súa presenza.
O acto terá a semana próxima unha segunda parte coa presenza da actriz Uxía Blanco e a proxección da longamentraxe "Sempre Xonxa".
Déixovos a curta:



7 comentarios:

Anónimo dixo...

A luz de Chano Piñeiro relumbra de novo

rafa dixo...

estivo moi ben porque chano fixo moito trballo para dirixir a unha señora maior

brais dixo...

non me gustou moito esta curta porque me pareceu moi aburrida e triste

martin dixo...

pareceume moi triste e moi realista por desgraza

Cris dixo...

A charla non estivo mal, foi interesante e bonito ver películas que axudaron a expresar o galego.

ivan dixo...

non me gustou a curta porque era algo triste, e ao final queima os cartos

Noemí dixo...

Non estivo mal e foi interesante, e está ben saber que temos curtas e películas no noso idioma que é o galego.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.