Este é o texto que preparei para a homenaxe que celebramos onte no centro e da que vos seguirei falando:
Seguramente, a maior parte de nós, profesorado e alumnado, cando nos din que imos traballar ou estudar no IES Chano Piñeiro non cavilamos quen pode haber detrás dese nome, nin por que este centro se chama así ou nin sequera se esa persoa era de Forcarei e merece que se lle dedique un centro de ensino (dámolo por suposto). Igual nos ocorre de certo coa rúa na que vivimos, coas rúas polas que paseamos a cotío ou mesmo polos lugares que atravesamos cada día; non temos a inquedanza de procurarmos saber a que se deben eses nomes que nos acompañan nas nosas vidas.
Por iso, a homenaxe de hoxe facíase necesaria. Cumpría recoñecer, e darvos a coñecer, que o noso centro leva o nome dunha persoa esencial na historia da cultura galega, e que debemos sentirnos orgullosos disto.
A min particularmente, o que máis me chamou a atención ao afondar na figura de Chano Piñeiro son dúas frases que vin repetidas veces ao falaren da súa propia idiosincrasia:
O outro día lendo unha entrevista a un home deses que che devolven unha fugaz crenza na raza humana, ou mellor na humanidade da nosa raza, unha crenza que desapareceu estes días negros de incendios que arrasan Galicia coa conivencia de todos os galegos, falaba de algo que me provocou de inmediato unha estraña relación coa frase de Chano. Falaba este señor, Enrique Meneses, de 82 anos, de que cando daba conferencias e falaba coa xente nova nas universidades sempre tropezaba coa mesma frase “Non teño cartos para emprender algo”; isto débese, segundo el, a que a palabra “cartos” substituíu á palabra imaxinación. Pola contra, cando ía a África os nenos pídenlle algún regalo, e este consiste en papel e lapis. Eles dan forma aos seus soños, á súa imaxinación. Os que vivimos rodeados de comodidades substituímos a nosa imaxinación polo que xa nos vén dado.
Por iso, esta parte da biografía de Chano Piñeiro pareceume tan interesante. El soubo darlle forma aos seus soños, soubo converter a súa imaxinación en fantasía, iso que chamamos cine. Soubo andar un camiño que non tiña unha senda feita, e non se perdeu.
A segunda frase coa que me quero quedar hoxe para compartila convosco é
Pídovos que loitedes polos vosos soños, que NON permitades que os destrúan, e sobre todo pídovos que NON PERMITADES QUE VOS ROUBEN A VOSA LINGUA. Porque a lingua é o noso ben inmaterial máis prezado, un ben común tan barato que por iso non ten prestixio, un ben que pode desaparecer se vós, xeracións que representades o futuro, non o salvades e loitades por el.
Seguramente, a maior parte de nós, profesorado e alumnado, cando nos din que imos traballar ou estudar no IES Chano Piñeiro non cavilamos quen pode haber detrás dese nome, nin por que este centro se chama así ou nin sequera se esa persoa era de Forcarei e merece que se lle dedique un centro de ensino (dámolo por suposto). Igual nos ocorre de certo coa rúa na que vivimos, coas rúas polas que paseamos a cotío ou mesmo polos lugares que atravesamos cada día; non temos a inquedanza de procurarmos saber a que se deben eses nomes que nos acompañan nas nosas vidas.
Por iso, a homenaxe de hoxe facíase necesaria. Cumpría recoñecer, e darvos a coñecer, que o noso centro leva o nome dunha persoa esencial na historia da cultura galega, e que debemos sentirnos orgullosos disto.
A min particularmente, o que máis me chamou a atención ao afondar na figura de Chano Piñeiro son dúas frases que vin repetidas veces ao falaren da súa propia idiosincrasia:
A primeira é “Facer cine é voar”
Unha frase que fai referencia ao poder dos soños de cadaquén: Perseguir os nosos propios soños. Traballar por eles. Loitar. Non abandonar ante o primeiro atranco.O outro día lendo unha entrevista a un home deses que che devolven unha fugaz crenza na raza humana, ou mellor na humanidade da nosa raza, unha crenza que desapareceu estes días negros de incendios que arrasan Galicia coa conivencia de todos os galegos, falaba de algo que me provocou de inmediato unha estraña relación coa frase de Chano. Falaba este señor, Enrique Meneses, de 82 anos, de que cando daba conferencias e falaba coa xente nova nas universidades sempre tropezaba coa mesma frase “Non teño cartos para emprender algo”; isto débese, segundo el, a que a palabra “cartos” substituíu á palabra imaxinación. Pola contra, cando ía a África os nenos pídenlle algún regalo, e este consiste en papel e lapis. Eles dan forma aos seus soños, á súa imaxinación. Os que vivimos rodeados de comodidades substituímos a nosa imaxinación polo que xa nos vén dado.
Por iso, esta parte da biografía de Chano Piñeiro pareceume tan interesante. El soubo darlle forma aos seus soños, soubo converter a súa imaxinación en fantasía, iso que chamamos cine. Soubo andar un camiño que non tiña unha senda feita, e non se perdeu.
A segunda frase coa que me quero quedar hoxe para compartila convosco é
“Facer cine en galego é necesario”.
Facer cine en galego é necesario. E facer literatura. E facer arte. E facer... a nosa propia vida.Pídovos que loitedes polos vosos soños, que NON permitades que os destrúan, e sobre todo pídovos que NON PERMITADES QUE VOS ROUBEN A VOSA LINGUA. Porque a lingua é o noso ben inmaterial máis prezado, un ben común tan barato que por iso non ten prestixio, un ben que pode desaparecer se vós, xeracións que representades o futuro, non o salvades e loitades por el.
2 comentarios:
Intuo que saiu todo ben onte, homenaxe a Chano Piñeiro, gustoume a reflexión que puxeches no blog dos cartos frente á imaxinación.
Saúdos
Si, saíu fenomenal. Estou moi contenta... e cansa!!!
Publicar un comentario