Faktoría K de libros agasalla aos seus clientes con este álbum onde se combina a mellor edición, coidado e papel, cun estudo do máis famoso cadro de Picasso, o Guernica. Con texto de Claire D'Harcourt, o libro vainos explicando a historia do cadro, o porqué deste, e mesmo inclúe unha reprodución despregable ao final. Un xeito precioso de achegar a arte ao público máis infantil, ou non tanto, explicando polo miúdo o cadro que contemplamos e sabendo algo máis do artista que o pintou. Gustaríame destacar a edición, porque realmente se agradece cando abres o libro e tocas as súas páxinas...
«Non, a pintura non está feita para decorar as estancias; é un instrumento de guerra ofensiva e defensiva contra o inimigo». Pablo Picasso.
«Non, a pintura non está feita para decorar as estancias; é un instrumento de guerra ofensiva e defensiva contra o inimigo». Pablo Picasso.
Sen comentarios
Publicar un comentario