Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/10/11

Un cadro de Velázquez


Na mesma liña que o anterior libro que vimos de comentar, está o libro Un cadro de Velázquez, do mesmo autor, Clair D'Harcourt e por suposto a mesma editorial, Faktoría K. Quizais resulte máis misterioso para os máis peques adentrarse nesta proposta artística, quizais menos coñecida popularmente. O libro ten a pericia de nos situar no estudo de Diego Velázquez, no Palacio Real de Madrid en pleno século XVII. En cada páxina vainos presentando cada figura que aparece no cadro e así coñeceremos a infanta Margarita no centro da escena, coas súas meninas María Agustina Sarmiento e Isabel Velasco; os seus acompañantes Mari Bárbola e Nicolás de Pertusato; a súa coidadora, Dona Marcela de Ulloa, e o apousentador real, José Nieto, en segundos planos; e reflectidos estratexicamente nun espello, os reis Felipe IV e Mariana de Austria. Un novo libro imprescindible para botar unha nova ollada fresca e interesante ao mundo pictórico.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.