Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/10/11

Una esposa de fiar

Baixo este título tan pouco atraente agóchase unha fermosa novela que constitúe unha historia sobre a desesperación. Robert Goolrick é o autor de Una esposa de fiar publicada por Salamandra. Os seus protagonistas son enrevesados, sorprendentes, lonxe de seren eses personaxes planos que podemos atopar en tantas outras novelas; cada mirada, cada xesto, cada palabra ou cada pensamento é importante. E o lector percátase de que unha vez comezada, está "castigado" irremediablemente a proseguir a lectura dun xeito voraz. Tanto, que ese final pouco soprendente deixa a alma nun permanente sobresalto que pervive un tempo despois de pechado o libro. Chama a atención que nesta novela se traten algúns temas como primordiais. Xa dixemos que a desesperación é un deles. Pero tamén está a culpabilidade: todos os personaxes teñen algún motivo para sentila.. E o desexo de perdón. E a sexualidade, que subxace detrás de cada xeito de mirar, de tocar ou de sentir dos personaxes principais; e destaca porque esta sexualidade é fonte de pracer e de culpa, terapia de vidas dilapidadas e terapia de emocións e sentimentos.
E que dicir doutro gran tema, a loucura. Un tema que se agocha nunha vida rural que provoca suicidios e asasinatos, pero que tamén está presente, axexando e intimidando, a vida dos personaxes principais. Porque todos somos susceptibles de caer nela. Porque é moi feble a liña que afasta loucura e cordura.
Pode semellar ás veces algo repetitiva, ese xeito de dar voltas constantes á autoculpa, pero é unha lectura que, de seguro, apaixonaravos.

Era increíble la cantidad de cosas que se podían llegar a aprender en una biblioteca. Simplemente buscándolas. Aprender se convirtió en su razón de ser. Le gustaba el aroma de los libros y las páginas impresas, la perspectiva interminable de lomos en los anaqueles y, sobre todo, la idea de que el mundo era infinito pero cognoscible. Cada cosa que aprendía daba paso a una nueva pregunta, y para cada pregunta había otro libro.

5 comentarios:

Xabi dixo...

Por fin!

Xabi dixo...

Teño que confesarche que andaba un tanto descarriado nas miñas lecturas, orfo dos teus literarios consellos "para adultos"

Ronsel dixo...

Que malo es comigo! Como se fixese anos que non falo de libros de adultos... E logo os cómics non son de adultos? E o libro de Zweig... e o do luns pasado... Maltrátasme, querido amigo. Que eu non son unha máquina!!! (aínda que o intento)

Unitaria de Vide dixo...

Eu comprara este libro máis ou menos "polo título" e logo cando empecei a lelo quedeime "extasiada" da maravillosa intuición que levou a miña man a atrapar un libro tan diferente que lin dunha tirada e me deixou cunha amorea de cousas nas que pensar, e repensar. Un libro que te leva a outros e a ti mesma. Como se relata e resolve o envenenamento deixoume deslumbrada.

Unha enorme apreta.

Ronsel dixo...

É que esa nosa intuición lectora non adoita fallar, verdade? si, o do envelenamento é unha pasada. Coma o libro.
Apertas, preciosa.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.