Grazas a Julia souben deste magnífico proxecto promovido por Huecco (de quen temos falado noutras ocasións): unha campaña solidaria na que xoga un papel fundamental o deporte, quen se xungue coa música para mellorar as condicións de vida das persoas máis desfavorecidas levándolles enerxía eléctrica aos seus fogares.
Huecco contou coa colaboración de numerosos personaxes do mundo do deporte como Vicente del Bosque, David Villa, Sergio Ramos, Pepe Reina, Pau Gasol, Calderón, Jorge Lorenzo ou Kun Agüero, entre moitos outros.
Sen comentarios
Publicar un comentario