O xoves 27 de outubro realizamos a segunda parte da Homenaxe a Chano Piñeiro, novamente con todo o centro implicado, asistindo á proxección de "Sempre Xonxa" e coñecendo a esta Xonxa de Chano Piñeiro, a actriz Uxía Blanco, quen tivo a xenerosidade de compartir connosco a xornada. Falounos dela, da súa traxectoria artística e vital, de Chano como director e como loitador, e da importancia dos soños: perseguilos e non renderse.
Moitas grazas, Uxía.
Moitas grazas, Uxía.
3 comentarios:
este dia estivo ben ainda que a actriz era algo faladeira
foi moi divertido e especial porque veu a actriz
este día estivo ben e gustoume moito a película aínda que algúns momentos máis ca outros
Publicar un comentario