Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/11/11

A lingua sabe a pan

Supoño que a estas alturas a xente sabe que son "case" de bágoa fácil. Pero ver este lipdub fixo que me emocionase de tal xeito que non dei, nin quixen, reprimir a emoción en forma bagoenta. Os meus máis sinceros parabéns.
É un lipdub do CPI Virxe da Saleta feito sobre unha versión de "Sweet Home Alabama "de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como "Miña Terra Galega". Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.




E tamén en MP3 para descargar aquí e en versión instrumental para karaoke por se non abondaba.

Está por toda a rede, como debe ser, pero eu collín a información engadida de Caderno da Lingua.

6 comentarios:

Ramón dixo...

Non foste ti soa, a min pasoume igual.....EMOCIONEIME, é unha goazada, precioso...GRAZAS!

Ronsel dixo...

Si que é unha gozada, si. Grazas a ti, por compartir sentimentos. E pola visita e comentario. E grazas polo teu blogue, que sempre me ensina tantas cousas.

Colegasdaspalabras.blogspot.com. dixo...

como nos gusta a lingua, como nos gusta o pan..... e tod@s est@s raparig@s. ISTO É O NOSO PRESENTE: SABEN O QUE É DE NOSO E NON ANDAN PERDIDIÑ@S POLO MUNDO

cee Miño-Velle dixo...

Gustoume moito¡ Moi ben o traballo.MOLA¡¡¡¡¡

Ronsel dixo...

Ogallá o saiban e o defendan sempre. Son o noso futuro, a nosa esperanza.
Grazas a ambos polo comentario.

Anónimo dixo...

Bravo Cea! Cando pase por ahí penso cargar un tractor de pan para que en Vigo saboreen a lingua que nos une.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.