Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/11/11

Minimalario versus Minimaladas



Outra das novidades de Kalandraka é este divertido Minimalario de Pinto & Chinto, que curiosamente non se publica na nosa lingua (?), compilación dos dous libro, Minimaladas, que si estaban en galego publicados pola editorial Xerais. Máis de cen historias divertidas que atinxen a outros tantos animais e que non defraudan.


Teño que recoñecer que me sigo a quedar cos libros de Xerais por estaren en galego, aínda que as ilustracións son agora algo diferentes e a edición é fermosísima, como adoita suceder cos libros desta editorial. Resulta realmente interesante ter os dous libros na man e comparalos, como cambian as ilustracións tan só pola textura do papel! Curioso.
Iso si, leades no idioma en que leades, ídelo pasar ben.

Éste era un águila que un día le dijo a un amigo:
-Las águilas tenemos la vista tan aguda que podríamos leer un libro a un kilómetro de distancia. Y apostó todo lo que tenía a que podría leer un libro a un kilómetro de distancia. Abrió un libro sobre una pradera y voló hasta un kilómetro de altura. Y el caso es que perdió la apuesta, porque las águilas tienen la vista muy aguda, pero no saben leer."


2 comentarios:

Montse dixo...

Quina bona pinta!
Intentaré que llegue a nuestra biblio.

Ronsel dixo...

Te encantará, seguro.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.