Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/12/11

Loboferoz


A partir dun conto tradicional ruso constrúe este texto Patacrúa con ilustracións de Chené, Loboferoz está publicado por OQO. Divertido relato sobre como os animais domésticos serán quen de enganar ao temible lobo para non ser comidos por el.

Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz...


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.